lunes, 26 de septiembre de 2011
Arqueoloxía en A Lanzada
Fai un ano que se descubriron varios milleiros de restos de cerámica de orixe castrexo con abundante decoración. Outras mostras de cerámica son de orixe púnica e romana datadas, polo menos as primeiras, no século IV antes de Cristo. Tamén saíron a luz recipientes de cal e arxila que se interpretan relacionados coa industria da salgadura, o que é unha novidade, porque este tipo de industrias están documentadas so -polo que respecta á península Ibérica- no sur. A existencia de salinas en Noalla debe de estar relacionada con esta industria prerromana, e constitúe unha mostra das relacións atlánticas do noroeste hispano co mundo púnico e romano por mar bastante antes da romanización. Non obstante, as conclusións definitivas están por vir. Véxase http://www.alanzada.wordpress.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario