Nado en Ferrol en 1807, Pérez Villaamil é un dos paisaxistas máis importantes da pintura española do século XIX e sen dúbida o máis importante pintor galego na primeira metade de dito século. O seu estilo é o da época, o romanticismo, cunhas paisaxes envoltas en certo misterio, cunha luz tenue que contrasta coas sombras e cos interiores precisos que evocan a grande admiración que os románticos tiñan pola idade media e a súa arquitectura.
En Madrid xa de neno, loitou en 1823 contra a reinstauración do absolutismo en España polo fei Fernando VII, sendo por iso apresado ata 1830. Viaxou logo a Puerto Rico e, de novo en España, coñeceu o pintor escocés, tamén paisaxista, David Roberts, que exercería unha grande influencia nel. Robert viaxou a Exipto donde debusou paisaxes exóticos de dito país e de Nubia.
Na década dos trinta a sorte de Pérez Villaamil cambiou, pois empezaron os éxitos: foi nomeado académico de San Fernando e participou na fundación do Ateneo de Madrid, expresión da libertade anhelada nuns tempos donde o liberalismo aínda non estaba afianzado en España. Coñeceu a José Zorilla, quenlle dedicou "La noche de invierno". Máis tarde foi nomeado Cabaleiro da Orden de Isabel a Católica e viaxou por Ëuropa: París, Londes, Holanda, donde se deu a coñecer con éxito. A Francia de Luis Felipe de Orleáns lle concedeu a Lexión de Honra e, en 1844 foi nomeado en España Cabaleiro da Orden de Carlos III. Director da Real Academia de San Fernando, a finais da década dos corenta viaxa a Galicia e morre en Madrid en 1854, como case todos os románticos, relativamente xoven.
Sobre Pérez Villaamil hai unha amplia bibliografía; que eu saiba, 15 obras dedicadas a súa figura e obra.
Gracias por tus comentarios en mi blog (por cierto, incluyo el tuto en mi lista) Respecto a las salinas de las que hablas si me envías alguna imagen podemos ponerla como información adicional
ResponderEliminarGracias Vicente. Tu blog sí tiene verdadero mérito. El mio está por hacerse. Veré si puedo mandarte datos y fotos de las salinas de Noalla (Sanxenxo). Un saludo.
ResponderEliminar