viernes, 16 de septiembre de 2011

A lenda do bosque Libredón

No lugar donde hoxe está a cidade de Santiago de Compostela antes había un bosque. Era un bosque de carballos cunha aciñeira cerda da comarca de A Mahía. O que mandaba nese bosque e na aciñeira era o bispo de Iria Flavia, que é un pobo polo que pasamos cando vamos a Santiago desde Poio.
Consultamos varios libros e Internet: algúns din que a palabra Libredón a trouxeron os celtas fai moitísimo tempo, pero outros din que é unha palabra que trouxeron os romanos e que significa "terra concedida a alguén libremente". No bosque Libredón houbo un castro, din algúns, donde vivía a poboación da zona, pero aínda non se encontrara a tumba do apóstolo Santiago. Outros din que a tumba que se encontrou non é do apóstolo Santiago, pero como a idea era mui doada alí se construíu unha igrexiña para honralo.
Temén pode que no bosque Libredón houbese un cimiterio con antorchas encendidas. Estas luces son as que os veciños do castro verían durante a noite, chamándolles a atención e supoñendo que o lugar era sagrado. Se facemos caso ós que din que o cadaleito de Santiago foi traído desde Palestina ata aquí, chegamos o momento en que lenda nos fala de que foi transportado nun carro con bois, que tiveron medo a entrar cando chegaron o bosque Libredón. Por que se espantaron os bois? Que viron para non querer entra no bosque? Este é un asunto do misterio.
Moito tempo despois se fixo un documento chamado "Concordia de Antealtares", no ano 1077. Neste documento se di que un ermitaño vivía en Solovio, viu as luces no monte Libredón durante varias noites e avisou o bispo.
A nos parécenos todo mui extraño. Por unha parte vimo que o sartego do apóstolo Santiago se descubriu no ano 813, moito antes de que se escribise o documento da "Concordia de Antealtares". Non comprendemos por que se trouxo o cadaleito de Santiago desde Palestina ata Galicia, tendo en conta que habería que recorrer todo o mar Mediterráneo, pois a lenda di que a viaxe se fixo nunha barca.
Pero o que nos chama máis a atención e o nome "Libredón", que non sabemos quen o inventou, se os celtas ou os romanos. Tamén nos gusta a idea de que donde agora está a cidade de Santiago, antes houbese un bosque, un pequeno monte, un castro, un cimiterio. Non sabemos cal destas cousas é certa, pero si son interesantes todas elas. Todo parece un conto misterioso, porque o tempo pasado, que é moito, non nos permite saber a verdade total.
Pero tamén pensamos que o nome "Libredón" non se inventou para nada, que se houbo un castro e un bosque con este nome seerá por algo, terá o seu significado, e que o feito de que logo se construíse no lugar do sartego de Santiago unha igrexiña, levou á catedral que hoxe visitamos, e con nos milleiros de peregrinos.
A lenda do bosque Libredón, como o seu nome indica, é unha lenda, polo que non podemos dicir nada seguro, pero o certo é que esa lenda fixo que hoxe teñamos no lugar desde bosque a capital da nosa Comunidade Autónoma, unha cidade de moita importancia en toda Europa.


(As alumnas de primeiro curso de educación secundaria, do Instituto de Poio, Pontevedra, foron recoñecidas por este traballo co terceiro premio no ámbito de Galicia: CARMEN CASTRO, ANDREA MAGARIÑOS, NIQUEA OUTEIRAL e PAULA SANMARTÍN).

5 comentarios:

  1. Bien por vosotras por dedicaros a escribir sobre un tema tan interesante, importante e instructivo

    ResponderEliminar
  2. Para entender el largo viaje emprendido por sus discípulos desde Palestina a las costas gallegas para dar sepultura al cuerpo de su maestro, tenemos las afirmaciones de San Jerónimo que ratifica que "Fue establecido, al disponerse la salida de los Apóstoles hacia todos los rumbos de la tierra, que, al morir, cada uno descansaría en la provincia dónde había predicado el Evangelio"

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. El problema es que la arqueología no ha revelado prueba alguna.

      Eliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  4. Pero San Jerónimo vivió entre los siglos IV y V; mucho después de que los apóstoles se repartieran por diversas regiones. El mérito de San Jerónimo, creo yo, es su traducción de la biblia, pero no era un historiador ni aportó prueba alguna sobre el tema que mis alumnas tratan aquí.

    ResponderEliminar