O fondo, o edificio do Liceo, na praza Maior |
As vilas do leste de Oruense teñen un parecido coas da meseta: non se trata de aglomeracións inconexas, senón que contan coa súa praza, a súa fonte central, o seus edificios notables, as súas rúas adxacentes, o seu urbanismo máis ou menos recoñecible, os seus arrabaldes... Outra cousa son as aldeas, espalladas pola contorna rural, coas súas hortas e parcelas, leiras e arborescencias, consecuencia dunha economía agraria e gandeira desde sempre. Coma o concello é extenso, abundan os topónimos autóctonos: Caldesiños, Fornelos de Filloás, Froxais, Grixoa, Mourisca, Penouta, Pexeiros, Pradocabalos, Pradorramisquedo, Punxeiro, San Cibrao, San Mamede, San Martiño, Santa Mariña da Ponte, Solbeira, Vilardemilo, Vilaseco da Serra; pero tamén os relacionados coas veciñas provincias do antigo reino de León: Bembibre, Hedroso, Quintela de Umoso, Trabazos de Hedroso...
Unha das rúas radiais dende a prazaMaior |
Viana do Bolo encóntrase na bisbarra do curso alto do río Bibei, sobre o que, máis o oeste, os enxeñeiros romanos construíron unha ponte que aínda se conserva, con esa sobriedade característica do sentido práctico, cos perpiaños ben labrados, pequeno se o comparamos con outras pontes, pero ben peraltada para salvar a canle sobre o terreo circundante.
Moi perto, en direción leste, atópase o parque natural do lago de Sanabria, que mantén parte da fisonomía xeográfica de Viana, aínda que se abren aquí vales que anuncian a próxima meseta. Antes, discorren con caudal abondoso durante varios meses o ano, os ríos Conso e Camba, que entre as escarpaduras dos relevos conteñen encoros para a produción da enerxía eléctrica. É unha bisbarra de minifundios ancestrais, consecuencia dunha división do terreo de xeración en xeración. As árbores espállanse na paisaxe, sendo o castiñeiro o campión dun froito que foi base das economías máis humildes hai décadas, incluso séculos. Os vacúns e ovinos teñen baixado en importancia, pero non por iso se deixan de degustar os máis espléndidos chuletóns nas muxicas da comarca.
Por Viana pasa a estrada comarcal 533 que comunica A Gudiña, o sur, con Freixido, concello de A Rúa, o norte, pasando polas terras vitivinícolas de Larouco. É zona de antigas minas de explotación romana, de castros indíxenas conquistados polos lexionarios, de loitas medievais como consecuencia das ambicións nobiliarias. Unha mostra é o castelo do que só se conserva, apenas, a torre da homenaxe, de fábrica orixinal quizais do século IX, pero reconstruído no gran século das repoboacións septentrionais (o XII). Sería propiedade, no século XVI, do primeiro marqués de Viana, señoreando a zona a súa familia e descendentes, sometendo a campesiños e menestrais, xente miuda acostumada a pagar dezmos, pechos e "dereituras".
O negocio central do "amo" da vila a mediados do século XX, hoxe arruinado |
No século XIX a vila de Viana non se librou das loitas entre carlistas e liberais, empeñados os primeiros na tradición, os segundos en sustituir á nobreza local no dominio das rendas campesiñas. Hoxe tense formado, no castelo, un pequeno museo etnográfico, con mostras dos aparellos de labranza e obxectos de moi variada ensinanza.
A vila de Viana érguese sobre un outeiro, no centro do cal está a praza Maior coa súa fonte, o parecer construída co gallo dun alzamento liberal en 1830: unha mágoa, pois tres anos despois sería posible restablecer as liberdades, que tan pouco significaron para os veciños destas afastadas terras.
Nas aldeas pódense ver al igrexiñas rurais, co seu aparello ben labrado, coa súa sinxeleza, co seu empaque sobranceiro sobre o casarío, exemplo do cal son as de Bembibre e Vilardemilo. A casa principal da praza Maior, na vila, está sostida por soportais de arcos rebaixados, cuhna balconada e escudo central que, segundo certas fontes, corresponde ós séculos XVII-XVIII. A paixase faise amable nos lugares de Pradocabalos, Ramilo e Humoso. Na vila, unha fiestra mozárabe na igrexa de Santa María, con dous pequenas arcadas de ferradura. O máis probable é que dita fiestra fose trasladada aquí desde outro edifico máis ou menos lonxano.
A horta da casa da Armada, en Mourisca |
Galería interior da casa da Armada |
O patio interior da casa da Armada |
A casa da Armada |
Patio interior da casa da armada, antigamente curral |
Portada da casa da Armada |
Una casa preciosa, llena de humanidad. Porque en los lugares persisten también las historias. Besos.
ResponderEliminar