domingo, 9 de septiembre de 2012

Polo país dos németas


Arriba casa en Teixido e casa Lamela, no Bolo (fotografías tomadas da páxina oficial do Concello).

No extremo sureste da actual Galicia vivían os németas, uhna das agrupacións humanas que chegaron a coñecer os funcionarios e soldados romanos a partir do século I da nosa era. Comprende hoxe, a grandes rasgos, as comarcas de Viana e Valdeorras. Outras comunidades humanas veciñas eran os gigurros, cuxo centro estaba en Foro (A Cigarrosa, A Rúa), os tiburi poblaban a zona de Trives e os németas terían un centro chamado Volobriga, do cal nada se sabe agás por fontes antigas. Polo leste os superatio habitaban xa en terras do Bierzo.

Unha das vías que os romanos construíron para comunicar Galicia con Astúrica é a XVIII do itinerario de Antonino, chamada tamén Vía Nova, construída na segunda metade do século I. Unha das aledas máis estratéxicas en época antiga é Freixido (O Bolo), pois de aquí partía outra ruta que comunicaba con Viana e outra que iba ata Montefurada e Quiroga.

O castelo do Bolo foi construído entre os séculos XII e XIII; hoxe a torre moi remozada para albergar un pequeno museo etnolóxico. Durante o século XIV os mandamases destas terras deberon inclinarse polo pretendente Enrique de Trastámara contra o rei Pedro I de Castela, pois logo da guerra entre eles O Bolo recibiu franquicias do vencedor. Posteriormente foi a casa de Lemos a que señorerou estas terras.

Castelo de O Bolo
Aldeas espalladas polo espazo, podemos ver Chaodocastro coa súa curiosa igrexa; San Martiño, afundida en medio das lombas; Balbuxán e Celeirós, recostada esta na ladeira do relevo. Os ríos se encaixan nunha paisaxe montañosa, pero de alturas moderadas; na paisaxe abundan os castiñeiros. Máis o oeste, as terras de Trives, e máis lonxe aínda as de Caldelas. 

Unha das festas máis notables é a do entroido: en Viana do Bolo distinguen o xoves de compadres do xoves de comadres, o sábado de entroido, o domingo gordo, o luns e o martes de entroido e o mércores co enterro da sardiña. Durante o xoves de compadres danse as fariñadas dos homes contra as mulleres e, pola noite, unha cea na que non participan estas. O xoves de comadres é o das mulleres, que enfariñan os homes e teñen a súa cea exclusiva; é o día que se pendura a lardeira e tócase o folión. O sábado reúnense os folións con bombos e aixadas en medio dunha gran fariñada. O domingo gordo máis folións e boteiros. O luns e o martes de entroido está adicado os nenos co seu folión particular, pero o último destes días, en medio dun folión asordecedor, os lardeiros arderán antes de que se soterre a sardiña o día seguinte.

O río Camba perto de Viana do Bolo
O río Bibei
Entroido en Viana do Bolo

No hay comentarios:

Publicar un comentario