lunes, 5 de diciembre de 2011

Cantonalismo (para alumnos)


O presente mapa histórico, unha fonte historiográfica, mostra as rexións e cidades onde o movemento cantonalista tivo maior importancia durante a I República española, anos 1873 e 1874, sempre que teñamos en conta o período en que se fixo cargo do Goberno o xeneral Serrano.

A articulación territorial de España ten sido un problema durante os dous últimos séculos, cando o Estado constitucional pasa por diversas vicisitudes que inclúen as restauracións absolutistas de Fernando VII. Xa durante a redación da Constitución de 1837 houbo discusións sobre como tratar o tema dos foros das provincias vascas e Navarra, cuestión que quedou reflectida en dito texto constitucional dunha forma o suficientemente ambigüa como para intentar o final de primeira guerra carlista que se libraba nese momento. Non debe esquecerse que unha das causas de dita guerra foi a diferente posición entre os liberais e os carlistas, defensores estes dos foros vasco-navarros. Esta reivindicación tivo tamén certa importancia nas zonas rurais de Cataluña, Aragón e Valencia; é dicir, nos territorios da antiga Coroa de Aragón. 

A Constitución de 1837 pode dicirse que non tivo vixencia en moitos aspectos, pois os dous anos de guerra civil que quedaban, seguidos pola convulsa rexencia de Espartero e o pronunciamento do xeneral Narváez en 1843, darían ocasión á redación doutra Constitución máis moderada, a de 1845. O tema foral quedou, pois, irresolto, ben que o triunfo liberal sobre o carlismo, deixou este asunto aparcado na medida en que as clases burguesas vascas e catalanas estiveron de acordo cos gobernos centrais na medida en que estes favorecían os seus intereses. 

A Constitución de 1869 é a primeira que reflicte unha certa preocupación pola autonomía das rexións, pero a súa curta vixencia tamén fixo imposible profundizar neste tema: España estivo gobernada durante todo o século XIX dun xeito centralista, o que entón se interpretaba como un signo de progreso ante a desarticulación territorial de corte feudal propia do Antigo Réxime. Chegada a I República española a liberdade que se proclamou permitiu reavivar vellas aspiracións das que se fixeron eco os republicáns federais, liderados por Pi i Margall, e polos que, aínda máis, aspiraban a formar España a partir dunha confederación de cantóns (o modo suízo) que libremente se unirían ou non o conxunto. Se trataba, por tanto, de refundar a unidade española sobre a base da libre opción das rexións e cidades que a formaban. 

Estas aspiracións foron duramente criticadas e combatidas por republicáns como Emilio Castelar, que vía no cantonalismo e no federalismo algo non só innecesario senón alleo ás aspiracións unitarias da República por el concebida. O cantonalismo, o non ter cauce legal para ser defendido, pronunciouse a base de asonadas e violencias que foron reprimidas polos diversos gobernos, pero que os debilitaron, como así mesmo púsoxe de manifesto a división no movemento republicán, a todas luces incapaz de presentar un proxecto unitario alternativo á monarquía, tanto amadeísta como afonsina. 

Esta situación foi unha das excusas para o pronunciamento de Pavía primeiro e de Martínez Campos un ano máis tarde, que deron o traste coa I República española e abriron paso o réxime da Restauración borbónica. O cantonalismo, non obstante, é un fenómeno complexo en canto ás rexións nas que tivo eco, pois destacan as provincias vascas e territorios da antiga Coroa de Aragón pero tamén outros que non tiveran tradición legal distinta da antiga Coroa de Castela; é mais, o mapa reflicte os lugares onde houbo levantamentos armados. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario