jueves, 1 de diciembre de 2011

Pecios en Ribadeo e Viveiro


 A arqueoloxía subacuática dá cada vez máis resultados. Nas rías de Ribadeo e Viveiro foron achados tres e seis pecios respectivamente. Na ría de Ribadeo os restos dun barco do século XVII que debeu naufragar o paso por este mar. "Os materiais achados en Ribadeo -dí Eugenio Rodríguez, xefe do servizo de arqueoloxía da Consellería de Cultura- demostran a importancia que o longo da historia tivo este porto". Pola súa parte "Antigua y Medieval" informa que "os traballos desenvolvidos en Ribadeo, grazas ás indicacións aportadas polo clube de submarinismo Illa Pancha, permitiron localizar os restos de dous navíos afundidos o sur da Ponte dos Santos, na bocana do porto de Poncillán, un correspondente a un vapor de palas de finais do século XIX, que conserva gran parte da quilla e que sobresae uns dous metros do fondo e outro, de finais do século XVII, sobre o que os investigadores non tiñan documentación, así coma unha peza de artillería naval, nas inmediacións do Forte de San Damián".

Apareceron tamén algúns restos cerámicos no barco "Santa María Magdalena", que xunto co "Palomo" (este un bergantín) pretenderon liberar a vila de Santoña do exército francés durante a guerra da Independencia. Estas naves naufragaron en 1810 e logo foron expoliadas, pero antes morreran máis de cincocentos tripulantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario