martes, 25 de octubre de 2011

A derogación da Constitución de 1812 (para alumnos)


"As Cortes, as cales no mesmo día da súa instalación... me despoxaron da soberanía... Declaro que o meu real ánimo é non soamente non xurar nin acceder á dita Constitución, nin a decreto ningún das Cortes Xerais e Extraordinarias [celebradas en Cádiz]... Declaro aquela Constitución e os decretos nulos e de ningún valor e efecto, agora sin en tempo ningún, coma se non pasasen xamais tales actos". (Decreto de Fernando VII, do 4 de maio de 1814).

Ata aquí o texto literal firmado polo rei Fernando VII unha vez regresa de Francia, donde pasou -preso de Napoleón- os anos da guerra (1808-1814). O fenómeno histórico que reflicte o documento é a restauración do absolutismo unha vez España tivera a súa primeira experiencia liberal, tanto co goberno do rei José I como coas Cortes de Cádiz.

A invasión napoleónica de España en 1808, que se inscribe dentro da política de engrandecemento de Francia e de expansión das ideas liberais da Revolución Francesa, permitiu ós ilustrados españois, liberais e grupos burgueses dexesosos dun cambio de réxime, aprobar unha Constitución -a de 1812- que sería  a primeira española se non temos en conta a imposta por Napoleón, chamada de Bayona, e aprobada por un grupo de notables en 1808. A guerra que comenza este ano provocou entre os españois unha dualidade: os que están de acordo coas ideas traídas desde Francia (liberais e liberais afrancesados) e os que non están de acordo con elas (absolutistas). Por outro lado, nin liberais nin absolutistas aceptan a invasión militar.

O rei Fernando VII, que accedera o poder mediante o motín de Aranjuez (1808) era un convencido absolutista como o demostra no documento a comentar, se ben nese mesmo ano, loubara a Napoleón e o seu irmán José, por ter establecida en España unha monarquía dependente de Francia. Pódese dicir que neste momento o rei Fernando estaba preso en Valençay, pero o certo é que non parece tivera en conta o esforzo e os sufrimentos do pobo español para expulsar os exércitos franceses de España. O desprezo que mostra pola labor das Cortes de Cádiz se explica por ser o herdeiro dunha monarquía absoluta que non concibe outro poder que o de orixe divina. 

Xa os ilustrados, sobre todo franceses, criticaran -á luz da razón- estas concepcións. Non era posible admitir un poder de orixe divina porque consideraban que o poder emanaba da poboación, de acordo coas ideas de Rousseau e Montesquieu principalmente: contrato social entre goberno e gobernados e división de poderes respectivamente. A reacción da poboación española ante o decreto de Fernando VII abolindo todo o feito en Cádiz foi de asentimento. Os liberais máis representativos tiveron que abandonar o país, o pobo cha loitara contra a ocupación francesa, pero non tiña unha idea definida sobre o liberalismo, parte do exército e o clero, en xeral, apoiaron a reinstauración do absolutismo. Só así se explica a firmeza con que o rei deroga toda a lexislación aprobada durante a guerra.

A Constitución, que garantizaba os dereitos individuais dun estado liberal, e os decretos que aboliran a Mesta, a Inquisición, e que estableceran a liberdade de imprenta, a abolición dos señoríos e dos gremios, a incautación dos bens comunais, municipais, das ordes militares e dos xesuítas como medida desamortizadora, todo iso quedaba abolido. Volvíase o Antigo Réxime: o absolutismo. Esto mesmo ocurrirá no resto de Europa, pois a derrota da Francia liberal non tivo lugar só en España. Napoleón foi derrotado definitivamente en Waterloo en 1815.

É de salientar que a Constitución de Cádiz respectaba a monarquía e o poder exectivo para o rei, asi como compartir o poder lexislativo coas Cortes, pero isto non foi dabondo para a aceptación por parte do rei.


No hay comentarios:

Publicar un comentario