A desaparición do monopolio do porto de Cádiz favoreceu o comercio galego con América, que no século XVIII baseábase na produción de tecidos nas zonas rurais. Pero tamén houbo empresas galegas que se dedicaron o comercio de escravos, non tendo escrúpulos os seus propietarios en tan lucrativo negocio. A estimación que algúns especialistas fan sobre esta materia é a seguinte só entre nos anos 1816 e 1820:
1816: 2.569
1817: 720
1818: 1.681
1819: 943
1820: 941
As exportacións de Galicia a América entre 1767 e 1779, en millóns de reais de vellón, son as seguintes:
Anos Exportacións o Río da Plata Exportacións totais
1767 1,6 2,7
1768 9,1 14,8
1773 7,5 12,3
1774 4,8 7,9
1775 5,3 8,7
1776 13,3 21,7
1778 6,5 10,6
É evidente a importancia do Río da Plata en relación o total de exportacións a América.
A balanza comercial de Galicia coas colonias de América, entre 1782 e 1818, foi deficitaria en 16 anos da mostra e con diferencias a favor de Galicia maiores que nos que casos en que non foi deficitaria. Entre 1778 e 1797 entraron en Galicia, procedentes de América, 571.900 millóns de reais en metais preciosos e 54.200 millóns de reais en produtos coloniais. Dos primeiros, a plata amoedada representou 444.100 millóns de reais, o ouro amoedado, 107.900 millóns de reais, o ouro non amoedado, 23.300 millóns de reais e a prata non amoedada, 12.300 millóns de reais, pero só pouco máis do 20% correspondía a operacións comerciais propias, e casi o 80% a comisións por operacións feitas por conta de outros (non de Galicia).
En canto os pasaxeiros galegos saídos por portos españios (en medias anuais) temos os seguintes datos:
1900-1902: 11.699
1903-1912: 40.073
1913-1918: 26.879
1919-1930: 37.749
Os destinos máis importantes foron a Arxentina (entre o 52,9% e o 56,5% segundo os anos) e Cuba (entre o 30,7% e o 32,9% segundo os anos).
Triste paradoxa: mentres uns, a finais do século XVIII e principios do XIX facían negocios con seres humanos -algo que non ten desaparecido aínda hoxe- outros, un século máis tarde, tiñan que abandonar a súa terra e familia para buscar nas Américas unha fortuna que en moitos casos non chegou nunca.
En 1891, só a Arxentina, 9.078 galegos emigraron, mentres que do resto de España, o mesmo país e no mesmo ano, emigraron 14.159. As cifras falan por si mesmas.
(Datos obtidos a partir de investigacións feitas por X. A. López Taboada, L. Alonso Álvarez, A. Vázquez González, J. Fernández Leiceaga e M. I. Novo Corti; Universidade de Santiago, 1992).
En 1891, só a Arxentina, 9.078 galegos emigraron, mentres que do resto de España, o mesmo país e no mesmo ano, emigraron 14.159. As cifras falan por si mesmas.
(Datos obtidos a partir de investigacións feitas por X. A. López Taboada, L. Alonso Álvarez, A. Vázquez González, J. Fernández Leiceaga e M. I. Novo Corti; Universidade de Santiago, 1992).
No hay comentarios:
Publicar un comentario