Fundado en 1124 por outorgamento de Tareixa de Portugal, filla de Afonso VI, contou con dous emprazamentos, un provisional e outro definitivo. A serra de San Mamede, no centro-oeste da provincia de Oruense, preséntase como unha formación vella do relevo galaico, con nevoeiros frecuentes no inverno, con escasa vexetación debido á erosión, impoñente mole en cuxas faldas se encontra Montederramo. Este mosteiro absorbiu, máis serodiamente ou máis cedo, ós mosteiros de San Miguel de Ribas de Sil, San Martiño de Piñera, San Adrián e San Xoán o Vello e Santa María de Castro de Rei.
É un exemplo da voracidade económica dos mosteiros, que se comportaron durante a idade media como empresas precapitalistas pero impulsadas pol a ambición xurisdicional e económica. Como ocurre na actualidade coa Iglexa secular, o mosteiro de Monterramo se apropiu de terras que non eran de ninguén e chegou a dominar territorios localizados en Portugal. Afonso VII, por riba, deu propiedades o mosteiro, e así mesmo Ferenando II e Afonso IX, os dous últimos reis mui vencellados a Galicia.
O mosteiro de Montederramo explotou, por medio de man de obra campesiña e de administradores o seu servizo, unidades agrarias chamadas granxas, que estaban alonxadas do mosteiro. Para todo o aparato administrativo existían "cellarius" e "subcellarii", así como mestres de granxa e o contable. Prioratos dependentes de Montederramo foron os de Queixa e Verín. (véxase Alberto Cacharrón Mojón, "Montederramo, el poder monacal a orillas del Mao", Ourense, 1988).
No hay comentarios:
Publicar un comentario