domingo, 9 de octubre de 2011

Unha xoia pouco coñecida

O mosteiro de Poio conserva unha das bibliotecas más importantes de Galicia, con fodos sobre historia, moral, economía, biblias, xenealoxías, viaxes, ordenanzas, dicionarios, arte e outros, facéndose a súa catalogación durante os últimos anos. A visita a esta biblioteca ten interés non só polos seus fondos senón porque se encontra nunhas grandes salas de cubertas con grandes arcadas. A sensación de afastamento sobrecolle.

De particular interés son unha Biblia sacra de 1561 e outra de 1609, a Biblia políglota en sete idiomas de 1655-57, un Dicionario trilingüe de 1639, a Crónica do rei Fernando IV de 1554, a Crónica de Juan II de 1517, a Crónica do rei don Pedro de 1549, un "Compendio de algunas historias de España" de 1577, a "Descripción del reino de Galicia" de 1550, unha "Historia natural" de 1516, as "Epístolas de Séneca" de 1510, o libro titulado "Del origen de la lengua castellana" de 1606, a "Conquista de las Indias Malucas", o libro "Guerras de los Estados Baixos" de 1625, o "Nobiliario do Conde de Barcelos" de 1646, o "Nobiliario de Galicia" de 1677, as "Ordenanzas de la Audiencia de Galicia" de 1679, unha "Historia de la conquista de China" de 1670 e tamén conta con algúns incunables e un pergamino en rollo, supostamente cuns "Comentarios al libro de Esther".

 As enciclopedias de arte con excelentes fotografías, os libros de oracións, os devocionarios, edicións de obras clásicas de Menéndez Pelayo, Menéndez Pidal e outros autores se encontran en perfecto estado de conservación.






No hay comentarios:

Publicar un comentario