domingo, 20 de noviembre de 2011

España: política desamortizadora no século XIX (para alumnos)


Valor dos bens desamortizados durante o século XIX en España
(en millóns de reais)

Período                               Clero                          Beneficencia                    Concellos              Outros

1798-1814                                         1.505                                                       0                         0
1836-1844                         3.447                                   0                                  0                         0
1855-1856                            324                               167                              160                     116
1858-1867                         1.253                               461                           1.998                     438
1868-1900                            888                               327                           1.415                     309
Total 1836-1900                 5.912                               955                           3.573                     863
Gran total *                                        8.372                                                 3.573                     863

* Non se inclúe o vendido durante o trienio liberal, que segundo J. Fontana ascendeu a 100 millóns de reais.

A fonte que temos é historiográfica, pois foi elaborada a partir dos estudos feitos por historiadores, sen que os protagonistas que levaron a cabo estas desamortizacións tivesen coñecemento do conxunto, porque foron distintos en cada momento histórico. Os datos se refiren a todo o século XIX, incluindo o proceso desamortizador iniciado por Godoy antes do establecemento do liberalismo en España.

A desmortización consistiu en sacar os bens amortizados -en estado de baixa ou nula produtividade- da súa situación e poñelos en mans de quen, teóricamente, lles foran a sacar rendimento. A mentalidade liberal, inspirada nas teorías de Adam Smith e que fai súa a burguesía española, non concebía que uns bens -a terra sobre todo- estivesen en mans de quen nos os fixesen rendibles. Non esquezamos, por outra parte, as ideas fisiocráticas dos ilustrados, que agora están en condicións de levar a cabo os liberais.

Mendizábal, ministro durante varios anos durante a guerra carlista (1833-1839) comprende que é necesario sacar as terras e outros bens das "mans mortas", é dicir, da Igrexa, e vendelas a quen as quixese poñer en valor. A Igrexa non era unha institución con mentalidade liberal, senón feudal. 

Xa durante o período das Cortes de Cádiz lexislouse neste sentido. Ademais de suprimir os señoríos xurisdicionais, abolir a Inquisición, etc., lexislouse sacando á venda pública os bens que non deran os rendementos esperados dende un punto de vista liberal.

Se nos fixamos nos datos vemos a gran propiedade da Igrexa, que supera con moito ás demais magnitudes. Mendizábal viu que os recursos que se podían obter da venda de bens desamortizados poderían financiar a guerra carlista, como así foi. O proceso seguido consistiu en exclaustrar o clero regular, declarar os seus bens propiedade da nación, poñelos en pública puxa e obter as cantidades sinaladas na táboa, que foron aportadas, fundamentalmente, por quen podía: a clase adiñeirada ou burguesía, aínda que tamén campesiños acomodados, fidalgos e algúns nobles. Véxase tamén a importancia do valor dos bens desamortizados dos concellos dede 1858, correspondendo estes datos xa á desamortización iniciada polo ministro Madoz durante o bienio progresita (1854-1856). Estes recursos serviron o Estado para financiar en parte a contrución da rede ferroviaria, segundo a lei de 1855 aprobada a proposta do mesmo Madoz. 

Os historiadores teñen xulgado de moi diversa maneira o proceso desamortizador: pero en todo caso permitiu poñer máis terras en cultivo e contribuíu a unha agricultura comercial que fora minoritaria ata mediados do século XIX en España. O campesiñado, en troques, viu empeorada a súa situación, pois os novos contratos agrarios (a maior parte da poboación española era campesiña e a maior parte desta non era propietaria de terras) fixéronse de acordo co liberalismo económico: a lei da oferta e a demanda. Antes, os campesiños non propietarios, traballaban as terras da nobreza ou dos mosteiros mediante contratos forais ou arrendamentos a longo prazo; a estabilidade do campesiñado era maior, o que quere dicir que este proceso desamortizador fíxose de acordo cos intereses da clase en ascenso: a burguesía. 

Proxextos desamortizadores coma os de Flórez Estrada non tiveron o eco suficiente, e a desamortización de moitas terras comunais propiedade dos concellos, das que os campesiños obtiñan beneficios comunitariamente, caeron en mans privadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario