A guerra civil que deu comenzo en España en 1833 ten varias causas que convén distinguir: se trata dunha guerra dinástica, pois o que estaba en discusión era se a lexitimidade para reinar a tiña Isabel, filla do rei Fernando VII, ou o seu irmán Carlos (a primeira, unha nena pequena en dito ano e o segundo un convencido absolutista). Outra das causas está na ideoloxía: uns españois desexaban aproveitar a morte do rei Fernando para restablecer o liberalismo en España e outros continuar co absolutismo (a maior parte do clero, a nobreza e as clases populares en determinadas zonas de España). Os partidarios do liberalismo encontrábanse entre a burguesía ilustrada e de negocios, as clases medias e urbanas. Tamén se ten falado dunha guerra entre o campo e a cidade: unha poboación rural ancorada no pasado, que non desexa novidades arriscadas, e unha poboación urbana máis informada e partidaria das liberdades civís. Esta última interpretación é moi reducionista, e habería que limitala a certas rexións exclusivamente. Tamén a guerra de 1833 hai que interpretala como unha loita entre os partidarios dun centralismo modernizador e os que desexaban manter os foros ou privilexios de orixe medieval. Esta situación era máis viva nas provincias vascas, en Navarra en nos territorios da antiga coroa de Aragón, sobre todo nalgunhas rexións rurais de Valencia e Cataluña.
O mapa que se acompaña refliecte as zonas donde os carlistas tiveron máis apoios, precisamente aquelas nas que o problema foral estaba en tela de xuízo. Outras rexións na metade norte, sobre todo nas zonas rurais, tamén viviron, con maior ou menor continuidade, a guerra; mentres que nas cidades e na metade sur o conflito carlista tivo menos relevancia o non existiu.
Houbo un carlismo galego que estivo atizado polo clero e algúns sectores absolutistas, pero que contou con partidas de guerrilleiros rurais. Houbo un carlismo castelán, menos acentuado que nas provincias do norte, e houbo un carlismo sostido por xefes militares, como Cabrera, que aínda despois de firmada a paz (en 1839) continuou combatendo, sobre todo na rexión levantina do Maestrazgo.
Os liberais se apoiaron na rexente María Cristina, viúva do rei Fernando, que desexaba garantizar a coroa para a súa filla, pero sen ter unha especial predileción polo liberalismo. O pretendente Carlos contou con xefes militares da talla de Zumalacárregui, Maroto e o citado Cabrera, pero o Goberno, en mans dos liberais durante a guerra, contou coa maior parte do exército profesional, cos recursos do Estado e co control da capital do país. A guerra carlista de 1833 se inscribe no contexto da loita entre absolutismo e liberalismo que xalona case todo o século XIX en España e en Europa.
Esta guerra, xunto coa de 1808, e as de independencia das colonias españolas en América, fixo que o exército xogase na vida política española un papel protagonista, o que tamén se explica pola pouca forza e personalidade da burguesía española para facerse cargo, por si mesma, dos sucesivos gobernos. O recurso a xefes militares sería unha constante desde entón, e unha mostra é o prestixio que alcanzou o xeneral vitorioso, Baldomero Espartero, que será rexente pouco despois de que remate a guerra, unha vez abdicara a rexente María Cristina.
Os militares carlistas, derrotados, firmaron o "convenio de Vergara", unha paz que non aceptaron todos e que daría lugar a outras dúas guerras máis cos carlistas como protagonistas dun bando. O convenio de Vergara, entre outras cousas, garantizou os graos militares alcanzados polos que formaron parte do exército carlista. Desde 1839 o liberalismo consolídase en España, aínda que con altibaxos segundo gobernen os máis conservadores ou os máis progresistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario