A música foi motivo de inspiración ou recurrente para moitos pintores e escultores, desde a Antigüidade ata os nosos días. En realidade, o mundo da arte relaciona varias facetas das súas múltiples manifestacións: Rafael Alberti, poeta, tamén fixo debuxos; Picaso, pintor, tamén esculpiu; Miguel Anxo foi arquitecto, pintor e escultor, por máis que el mesmo se considerara, sobre todo, esto último. Econtramos moitos exemplos de artistas que non se limitaron a unha manifestación da arte, senón que experimenaron outras con maior ou menor acerto, por exemplo os pintores que tamén son grabadores, os arquitectos que tamén son escultores, como é o caso de Ghiberti, Brunelleschi ou Bernini.
A música sempre estivo na mente dos escultores, arquitectos e pintores: no caso dos arquitectos porque cando constrúen un teatro teñen que ter en conta a forma do interior e os materiais, co fin de que a sonoridade sexa axeitada. Pensemos nos construtores do teatro de Epidauro, na antiga Grecia: a súa concavidade é a característica fundamental que permite que se escoiten as conversas dos actores e os cánticos do coro ata na última grado do koilon. Hoxe, algúns teatros distribúen ós espectadores ao redor do escenario para os sons da música sexan aprezados en todo o espazo.
Por outra parte no é extraño que os artistas plásticos tivesen, en moitas ocasións, a música como tema ou como detalle dunha obra: xeralmente eran persoas sensibles, que apreciaban a rte en todas as súas manifestacions, máxime a música, que sempre tivo alcanzado un grao altísimo de aceptación, tanto por parte das clases populares como das elevadas. A música estivo presente en cerimonias relixiosas e oficiais, en festas palaciegas e populares, con calquera motivo a música aflorou ó longo da historia. Parede demostrado que un misioneiro español en América, chamado Solano, que viviu entre os séculos XVI e XVII, conseguiu atraerse ós indíxenas americanos non poucas veces con cancións e a música que saía dos seus instrumentos.
En ocasións -as menos- veremos que a música é o tema principal da obra; noutras os instrumentos musicais aparecerán accidental ou intencionadamente con algunha finalidade alegórica ou descriptiva. Do primeiro quizá sexa un exemplo destacado o cadro de Vermeer "O concerto" (Museo Isabella Setwart Gadner de Boston) donde unha muller toca un virginal: ver a fotografía da entrada. Na pintura relixiosa son frecuencia anxos os que tocan instrumentos musicais, nos xuízos finais trompetas, pero moitas veces instrumentos de corda. Noutras ocasións vemos aparecer partituras. As gaitas aparecen nas escenas populares, tanto en pintura como en grabado. Nos cadros de xénero aparecen con frecuencia instrumentos de corda e virxinais, mentres que na pintura mitolóxica con frecuencia aparece a lira. Outros instrumentos que vemos na pintura e na escultura son fídulas, cítaras, vihuelas de arco, chirimías, organistum, cromornos, zanfonas, cornetos, laúdes, baldosas, flautas e órganos.
En 1995 encontrouse un fragmento de flauta en Eslovenia que os expertos teñen asociado cos neandertales. A súa lonxitude é 11 cm. e constaba inicialmente de catro buratos:
Á esquerda podemos ver unha flauta de oso desenterrada nunha cova alemana que foi fabricada fai uns 35.000 anos; probablemente o instrumento musical máis antigo descuberto. O achado ofrece unha evidencia de que os seres humanos (sapiens) coñecen a música desde fai moito tempo. Un equipo dirixido polo arqueólogo Nicholas Conard reconstruíu a flauta con doce trozos de oso de buitre espallados na cova de Hohle Fels, no sur de Alemania. Conxuntamente, as pezas compoñen un instrumento de 22 cm. con 5 buracos e un extremo oco (ver "El Estudiante de Historia").
As cidades mesopotámicas pasaron, durante os milenios cuarto e terceiro antes de Cristo, por varias situacións: independencia entre sí, hexemonía dunha delas sobre as demais, integración nun imperio e de novo independencia. O que os historiadores chamaron Sumer é unha rexión do sur de Mesopotamia donde algunhas cidades desenvolveron antes unha arte que se nos ten conservado, sobre todo en relevos. Sumerios e semitas se repartiron o territorio; os primeiros no sur e os semitas no norte, pero moi cedo habería cidades cuxa poboación foi resultado dunha mestizaxe. De Mesopotamia conservamos este relevo dunha muller tocando un instrumento musical:
Detalle dunha das caras do Estandarte real de Ur:
O estandarte real de Ur, como se coñece unha peza encontrada fai casi un século cerca de Ur, está formada por dúas caras unidas por un dos seus lagos longos; unha delas representa unha escena de guerra e outra unha escena de paz. Nesta última, o rei celebra un banquete mentres un músico ameniza a velada. Nas cidades mesopotámicas a música estaba o servizo do palacio, do rei e dos altos funcionarios.
Encontramos pintura no antigo Exipto xa en torno o ano 4000 antes de Cristo para decorar cerámicas, pero aínda non había alusións musicais. En frescos e en baixorrelevos, pero sobre todo nos primeiros, encontramos moitos exemplos de instrumentos musicais no antigo Exipto, non só instrumentos de corda, senón tamén de vento e de percusión. As imaxes máis divulgadas son as delicadas mozas tocando o arpa ou o laúd, peero tamén flautas e outros instrumentos:
No Imperio Antigo xa se coñecían en Exipto a flauta, a chirimía doble, a flauta de doble cana, o doble clarinete e a trompeta. Entre os instrumentos de corda, arpas e guitarras de tres cordas. Estre os de percusión, címbalos, tambores, panderetas, sistros de variñas. No Imperio Medio se adoptou a lira de orixe asiática, tambores africanos con tensor e outros sistros. No Imperio Novo, grazas ás relacións con Mesopotamia, o doble oboe, trompetas con aro metálico na embocadura, laúdes de dúas cordas, arpas de entre 8 e 16 cordas, arpas de 3 a 5 cordas, arpas de sobremesa e a lira de sete codas. En época tardía se incorporaron novas flautas, o primeiro órgano construído no século II antes de Cristo por Ctesibios de Alejandría, tambores e vasija de platiños.
Arriba, órgano hidráulico de Ctesibios.
A música, en Grecia, naceu envolta en fábulas e lendas. Unha destas conta que cando Orfeo tocaba a lira, o son era tan encantador que o mundo rendíase os seus pés. As árbores e as pedras o seguían e as bestas máis salvaxes se amansaban o son do seu instrumento. Cando a súa muller Eurídice morre, Orfeo descende o reino dos mortos e co son da súa lira consigue cautivar ás criaturas do reino infernal. Estas, en troques, permiten que Orfeo leve con el a súa esposa, pero terá que cumplir unha condición: non poderá darse a volta para contemplar a Eurídice ata que os dous abandonen o submundo. A Orfeo lle vence a curuosidade e a súa amada afúndese para sempre no inferno. A mensaxe é que a música salva a Eurídice, mentres que a curiosidade de Orfeo a condena.
Nun relevo grego está representado o poeta Píndaro de Tebas entregando un instrumento musical a un neno para que se adestre na música, que é o mesmo que na lírica. Ver abaixo:
Vemos, sobre todo en cerámicas gregas pintadas, mozas danzando, Circe tocando a flauta para Ulises, liras, personaxes con doble flauta, Marsias, o Trono Ludovisi... A mesma orchestra dos teatros gregos fai referencia o gusto pola música, donde o termo mousiké non só se refería a arte dos sons, senón o texto poético e á danza. As lyras eran feitas con caparazóns de tartarugas e con cordas de tripa, utilizándose tamén o aulós, un aerófono de lengüeta. Algúns relevos son dun refinamento estraordinario. Debaixo, Circe e Ulises nunha cerámica:
Conservamos unha soa composición musical, do século I, que chamamos "Epitafio de Seikilos": é unha inscripción epigráfica sobre unha columna de mármore que se colocou sobre a tumba que Seikilos mandara construir para a súa esposa Euterpe de Aydin, na actual Turquía. O texto fala de brevedade da vida e da melancolía: Brilla, mentres esteas vivo, non esteas triste, porque a vida é por certo breve, e o tempo esixe a súa retribución. Hoxe se encontra no Museo Nacional de Dinamarca:
O Trono Ludivisi debe o seu nome a un cardenal do mesmo apelido que, a principios do século XVII, adquiriu uns xardíns do século I antes de Cristo para construir una villa. Os xardíns foron desenvolvidos polo historiador romano Cayo Salustio no século citado. Había un emplo dedicado a Venus e esculturas. O Trono representa o nacemento de Afrodita (Venus Anadiómena) saíndo do mar. É un bloque de mármore esculpido en baixorrelevo en tres partes; tal vez feito en Magna Grecia a mediados do século V a. de C. en estilo "severo". Hoxe se encontra no Museo Nacional Romano. A deusa viste un roupaxe diáfano coa asistencia de dúas Horas (personificacións da orden da natureza e das estacións). Os relevos dos lados dan a espalda o tema central: unha muller agachada cun velo, colocando incienso nun thymaterion (incensario) e unha moza espida mentres toca a flauta doble ou aulos. Foi encontrado en 1887 na Villa Ludovisi de Roma, donde estaban ubicados os xardíns de Salustio:
A arte musivaria tivo un gran desenvolvemento na antiga Roma, sobre todo para decorar certos edificios públicos e casas patricias. Un exemplo o temos no seguinte músico representado con gran sentido pictórico:
Pintoresco resulta este mosaico dunha casa de Pompeya con músicos populares:
Arriba: O bardo.
O pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela foi obra do mestre Mateo e os seus colaboradores durante a segunda metade do século XII, mostrando o tránsito do gusto románico o gótico. Está inscrito nun rectángulo imaxinario de 17 metros de longo por nove e medio de alto. Mateo foi posiblemente un franco que deixou a súa pegada artística noutras partes. A obra foi rematada en 1188. Este pórtico foi policromado na súa orixe con ricas cores e retocado por Crispín de Avelino en 1651. Na arquivolta central se representan os 24 anciáns do Apocalipsis, en representación de cada unha das 24 clases sacerdotais do antigo templo de Xereusalén. Cada un deles porta un instrumento musical como se preparasen un cocerto para honrar a Deus. Os instrumentos son unha zanfoña, catorce cítaras, catro salterios e dúas arpas. As figuras 4 e 21, contando de esquerda a dereita, non portan ningún instrumento musical, senón que sosteñen unha redoma:
Os anxos con trompetas que se encontran nos extremos dereito e esquerdo do pórtico da Gloria tamén son un exemplo da música na arte, neste caso chamando o xuízo final.
Un exemplo parecido o temos na arquivolta interior da portada occidental da igrexa de San Martiño de Noia, donde varios personaxes portan instrumentos musicais:
E outro tanto podemos dicir da porta do Paraíso da catedral de Ourense:
Nos séculos do gótico destacan en Italia unha serie de pintores dos cales é predecesor Cimabue. Fresquista na basílica superior de Assís, unha obra destacada é a súa "Apocalipsis", pintada entre 1280 e 1283, de dimensións monumentais (350 por 300 cm.):
A medio camiño entre o gusto románico e o gótico temos as miniaturas que ilustran as "Cantigas de Santa María", compostas por iniciativa do rei Alfonso X de Castilla-León durante a segunda metade do século XIII, dalgunhas das cales está acreditada a autoría do propio rei. Encontramos personaxes, xeralmente agrrupados de dous en dous, tocando instrumentos musicais: gaitas, xilófonos, flautas (simples, traveseiras e dobles) zanfonas, tambores, arpas, campanas, panderetas, cornos, trompetas e otros moitos:
No Nelson-Atkins Museum of Arts de Kansas City localizamos un adro de Hans Memling donde unha virxe entronizada co neno está acompañada, en segundo plano, de dous anxos que tocan instrumentos musicais:
O seu monumental tríptico do Xuízo Final é un óleo sobre táboa pintado entre 1467 e 1471. Anxos trompeteiros aparecen no panel central e na arquitectura gótica pintada no panel lateral dereito, xunto con anxos cantores:
O retábulo que se encontra no Memlingmuseum Saint-Janshospitaal de Brujas é dunha grande singularidade: no panel lateral esquerdo, nun semicírculo e rodeando á divinidade, aparecen reis tocando instrumentos musicais de corda, vento e otros (óleo de 1474-79):
No díptico de Jean de Cellier (1475) de 25 por 15 cm., se encontra unha moza tocando un instrumento musical xunto con outras que rodean á virxe co seu fillo (óleo sobre táboa que se encontra no Museo do Louvre):
De novo aparecen dous instrumentos musicais no tríptico de Donne (panel central) que se encontra na National Gallery de Londres (óleo de 1475):
Catro anxos músicos rodean á virxe co neno no óleo que pintou Memling en 1480 e que se encontra na Alte Pinakothek de Munich (40 por 20 cm.):
No tríptico de 1485 o anxo que está de xeonllos no panel central porta un instrumento de corda mentre ofrece un froito o neno (óleo sobre táboa; Kunsthistorisches Museum, Viena) polo que podemos considerar a Memling como un dos pintores que máis tivo en conta a música nas súas composicións, se ben é certo que a súa obra -xunto cos retratos- é abondosamente relixiosa.
Un verdadeiro concerto visual nos ofrece Memling na súa táboa en dous paneis (óleo de 1480) titulada "Cristo rodeado de anxos músicos". Os máis alonxados da figura de Cristo tocan instrumentos variados, dignos dun verdadeiro estudo, mentres que os que o rodean directamente entonan cancións cos libros abertos. A gloria de Deus escenificada en medio de seres celestiais que rinden homenaxe á música (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten, Amberes):
O mestre Bertranm, a principios do século XV, inspirou a escola de pintura de Hamburgo, en Alemania. No seu tríptico " A santa face de Cristo", as partes laterais están ocupadas por anxos que tocan un violín e un arpa. Se trata dun óleo sobre táboa donde se oberva a tradición medieval: falta de configuración espacial, importancia da liña dibuxística e composicións sinxelas. Se encontra no Museo Thyssen de Madrid:
O mestre de Heiligenkreuz, na parte sur do bosque de Viena, pintou no ano 1410 un curioso cadro sobre táboa no que uns anxos rematan un edificio gótico mentres outro, no alto, toca un instrumento musical de corda:
Otro mestre, o de Aix-en-Chapel Altarpiece, pintou unha "Madonna e neno" donde uns, á esquerda, tocan un instrumento de corda e portan un cartel (probablemente a letra dunha canción) e á dereita un toca o virxinal e outro unha flauta (1490-1500):
O pintor, grabados e orfebre alemán Israel Meckenem traballou en Alemania durante a segunta metade do século XV: duas obras súas (grabados) son "O intérprete de laúd e a arpista", de claro gusto baixo medieval, e "Morris dance", alusiva a uns bailes propios do entroido donde os personaxes bailan esaxerada e grotescamente arredor dunha moza entres un dos participantes toca un instrumento de vento.
O mestre do Retablo de San Bartolomé, aínda que activo en Colonia entre 1470 e 1510, o seu estilo é gótico. Representou personaxes con instrumentos musicais en varias das súas obras: no "Bautismo de Cristo" dous anxos tocan instrumentos de corda en primeiro plano; no "Tríptico da crucifixión", á esquerda, unha muller ten un instrumento musical en miniatura, e este mesmo aparece na obra "Santa Agnes, San Bartolomé e Santa Cecilia". Por último, o "Tríptico da dúbida de Santo Tomás" ten dous anxos en primeiro plano con instrumentos musicais. Vemos as seguintes obras polo mesmo orden:
Dentro da escultura temos a Nanni di Banco, que viviu entre 1380 e 1421, reaccionando contra o gusto gótico e dirixindo a súa atención á antigüidade. É o autor dun relevo da asunción da virxe nun gablete do Duomo de Florencia. Aquí podemos ver a varios anxos tocando unha gaita e outros instrumentos de vento. O material é mármore:
O toscano Fra Angélico viviu entre os anos 1395 e 1455, polo tanto desenvolveu a súa obra artística durante a primeira metade do século CV. Nunha predela da Santo Domingo pintou nun retábulo ó temple uns anxos trompeteiros e un rompimento de gloria de Cristo (National Gallery de Londres):
Tamén pintou anxos trompeteiros no "Xuízo final" que se encontra no Museo de San Marcos de Florencia, obra de 1431: no alto, Deus en maxestade rodeado da mandorla mística, da virxen, santos e anxos; á dereita do espectador os condenados que se atormentan, e a esquerda os xustos que esperan ser salvados. Esta obra, como casi todas as de Fra Angélico, ten moito da estética gótica, sobre todo pola falta de realismo nas composicións:
No seu "Linaioli Tabernáculo" de 1433, pintado o temple sobre madeira, aparecen dous anxos tocando unha trompeta e un tambor respectivamente ("linaioli" fai referencia o gremio de fabricantes de roupa caseira. É un retábulo feito para ese gremio e se encontra no Museo San Marcos de Florencia):
Nos "Desposorios da virxen" (temple sobre madeira; Museo Diocesano, Cortona) dous trompeteiros, baixo unhas arcadas, fan sonar os seus instrumentos no momento en que a virxe e Xosé, en presencia do sacerdote e doutros refinados personaxes, contraen matrimonio:
Na iluminación dun misal o temple (558, folio 67v) dous ansos músicos aparecen na parte inferior e unha partitura musical (Museo San Marcos de Florencia):
Outra partitura aparece cunha iluminación da letra R (Museo San Marcos de Flrencia) e outra máis co rei David:
No fresco de 1447, donde Fra Angélico representa ós profetas, aparece un anxo trompeteiro (capela de San Bricio do Duomo de Orvieto):
Dous anxos tocan tamén, ós pés da virxen, instrumentos musicais na obra "The virgin of himility" (temple, Fundación Colección Thyssen, Pedralbes):
O escultor Donatello (Florencia, 1386-1466) deixounos relevos nos que aparecen instrumentos musicais ou alusións á música (danza): o "Banquete de Herodes" donde Salomé baila no centro mentres é observada polos comensais á esquerda e por outros personaxes á dereita:
Outra versión do "Banquete de Herodes" se encontra no baptisterio de Siena. É unha obra de 1427 en bronce, na que un personaxe toca un instrumento de corda en segundo plano (relevo):
Na cantoría do Museo dell'Opera del Duomo (Florencia) obra en mármore, entre as dúas ménsulas da dereita, dous anxos parecen tocar senllas panderetas (1439):
Dúas versións de "Anxos músicos" presentan afinidades: o relevo donde dous anxos cantan cun libro aberto, en bronce, se encontra na basílica de San Antonio de Padua; tamén en bronce e na mesma basílica encontramos un relevo con dous anxos, un toca a flauta e outro a doble flauta. Nos dous casos aparece un pintoresquismo que Donatello xa reflectira noutras obras:
No relevo "Judit e Holonfernes" (1455-60) en bronce, que se encontra no Palazzo Vechio (Florencia) dous anxos, á dereita, tocan cornos:
O escultor Ghiberti representou unha sibila clásica tocando unha pandereta, en bronce, na porta este do baptisterio da catedral de Florencia:
A súa fama se remonta o ano 1401, cando participou no concurso para decorar as segundas portas do baptisterio da catedral de Florencia, resultando gañador. No seu obradoiro se formaron artistas como Donatello, Michelozzo, Uccello, Masolino e Filarete. Un dos motivos das "portas do Paraíso" no baptisterio da catedral de Florencia é o momento en que Moisés recibe de Deus as táboas da lei (anxos trompeteiros acompañan o momento) mentres os xudeus están na parte inferior (o orixinal restaurado está no Museo da Ópera del Duomo, Florencia). Nas mesmas portas se representa un episodio sobre Josué: na parte superior se fan sonar as trompetas:
Della Robia, escultor florentino (1399-1482) esculpiu a Cantoría do Museo de Santa María das Flores con semellanzas, pero tamén diferencias, respecto da de Donatello. Nenos cantores en alto e baixo relevo, roupaxes clásicos e instrumentos musicasis:
Masaccio, que tan só viviu vintesete anos (1401-1428) pintou o temple unha "Madonna con neno en anxos" (formaba parte do retábulo de Pisa e agora se encontra na National Gallery de Londres) de 136 por 73 cm. Coma era costume, os anxos tocan instrumentos musicais ós pés da virxe, donde demostra un autor un dos primeiros estudos de perspectiva (nos instrumentos musicais e no trono da virxe) que logo desenvolvería Brunelleschi:
Ghirlandaio foi un pintor florentino nado en 1449 e falecido en 1494. A súa obra é profana, incluso cando pinta escenas relixiosas, pois as enmarca en medio de luxosas mansións clásicas. Traballou para os Medici e, como fresquista, decorou parte da igrexa de Santa María Novella, en Florencia, donde se encontra a súa tumba. A cor e o deuxo son características fundamentais da súa obra, destacando tamén no retrato. A obra que aquí seleccionamos é "Coroación da virxen", obra de 1486 en táboa que se encontra na Pinacoteca Comunal de Città di Castello:
O mestre de Housebook (tamén coñecido como mestre do Gabinete de Ámsterdam) deixounos un debuxo cos "Fillos de Mercurio", donde varios personaxes se dedican á pintura e a fabricar instrumentos musicais. Mercurio, deus romano do comercio, correspondente o Hermes grego, pode relacionarse aquí co comercio de instrumentos musicais:
Pola súa parte Melozzo da Forli (cidade italiana da Emilia-Romaña) pintor do século XV, deixounos un fresco na Pinacoteca Vaticana: anxos intrepretando música con instrumentos de corda. Se trata dunha pintura claramente renacentista na que os anxos adoptan actitudes moi naturalistas. Neste exemplo, o controposto e o punto de vista baixo, contribúen a dito naturalismo:
Giovanni Bellini naceu en Venecia en 1424, morrendo na mesma cidade en 1516. É un dos máximos respresentantes do quattrocento veneciano. Dous retábulos, un óleo sobre táboa e outro sobre lenzo, se encontran en Venecia; un deles de 1487 (Retábulo de San Giobbe) e outro de 1505 (Retábulo de San Zaccaría):
Francesco Marmitta pertenceu á escola de Parma, pintando en torno a 1500 unha táboa donde representa á virxen entronizada cunha paisaxe o fondo: "Virxen e neno flanqueados polos santos Benedicto e Quintín", o primeiro como clérigo e o segundo como cabaleiro. Ós pés da virxen hai dous anxos tocando instrumentos musicais (220 por 138 cm.). Se encontra no Museo do Louvre:
Luca Signorelli (nado en Cortona) pintou uns frescos na catedral de Orvieto, en particular na capela de San Brizio, entre 1499 e 1505. A música está presente na súa "Resurrección dos mortos", donde unha vez máis dous anxos mui estáticos, no alto, espertan ós mortos, que saen da terra:
Da mesma maneira no fresco "A coroación dos elixidos", donde anxos tocan instrumentos de corda formando unha arcada mentres os humanos ocupan a parte inferior do muro:
No cadro que se encontra no Museo de Arte Medieval de Arezzo tamén encontramos aluxións explícitas á música: "Madonna e neno con santos":
O mesmo título ten un cadro no que se representan sete personaxes (a virxen, o neno, catro santos e un personaxe casi espido tocando un instrumento de corda na parte inferior). Esta obra é moito máis dramática que a anterior, os personaxes aparecen descarnados e as tonalidades son escuras (se encontra na catedral de Perugia):
Durero foi un pintor, grabador e debuxante alemán, nado e falecido en Nuremberg (1471-1528). "Dous músicos" (óleo de 94 por 51 cm.) é unha pintura súa de 1504 na que representa a dous personaxes que tocan, respectivamente, unha flauta e un tambor. O tema non ten nada de relixioso nin de mitolóxico, algo raro nos artistas da época, encontrándose esta obra no Wallraf-Richartz Museum de Colonia:
Na súa "Festa da rosa guirnalda" (óleo que se encontra na Národni Galerie de Praga) obra de 1506, un anxo toca un instrumento de corda ós pés da virxen:
O "Home alado tocando o laúd" é un grabado con punta de plata sobre papel escuro que se encontra no Staatliche Museum de Berlín:
Tamén é súa a obra "Madonna e neno con anxo músico", éste ós pés tocando un violín (plumilla; Royal Collection, castelo de Windsor):
"Virxen con dous anxos" é unha obra na que estes tocan instrumentos de corda (Museo Condé, Chantilly):
Correggio, pintor italiano do primeiro tercio do século XVI ten varias obras donde a música está presente. "Asunción da virxen" é un fresco no Duomo de Parma donde aparecen unha lira, trompetas e unha pandereta:
Na súa "Madonna con neno na gloria" (óleo en madeira) un anxo toca, á dereita, un violín (Galería de los Uffici, Florencia):
Dous cadros seus fan referencia, respectivamente, ás virtudes e ós vicios: "Alegoría das virtudes", donde un anxo porta unha lira no alto e "Alegoría dos vicios", donde unha muller toca unha flatura sobre a orella dun personaxe que aparenta estar a mercede dos vicios. Ambas obras se encontran no Museo do Louvre:
Na súa obra mitolóxica "Leda e o cisne" uns anxos tocan instrumentos musicais á esquerda (Staatliche Museum de Berlín). Segundo o mito grego, Zeus se acercou a Leda en forma de cisne para seducila (ver neste blog "O poder de Zeus"):
Do primeiro tercio do século XVI é o pintor e grabador holandés Lucas van Leyden. Destacou polos temas de xénero, donde persoas sinxelas desenvolven as súas actividades. Localizamos un grabado seu no Rijksmuseum de Amsterdam (debe haber unha copia no Museo de Belas Artes de San Francisco), donde uns campesiños cos seus fillos camiñan mentres o home, para amenizar a viaxe, toca unha gaita de gran parecido coas actuais (1520).
Outro grabado seu e "Dance of the Magdalen", donde dous personaxes, en medio doutros moitos, tocan unha flauta traveseira e un tambor (1519).
Dous exemplos máis son os grabados "David tocando o arpa ante Saúl" (1508) e "David coa cabeza de Goliat", donde unha muller toca o triángulo, ambos no Museo de Belas Artes de San Francisco.
Entre as pinturas de Lucas van Leyden encontramos tamén alusións musicais: "Virxen e neno con anxos" (1520). Se trata dun óleo que se encontra no Staatliche Museum de Berlín. En primeiro plano un anxo toca un instrumento musical, mentres outro entrega unha flor á virxen. A mesma faciana branca e dulcificada da virxen gótica. No seu "Xuízo final" anxos tronpeteiros flotan no aire nunha iluminada atmosfera (1526; óleo de 271 por 185 cm. que se encontra no Stedelijk Museum de Lakenhal, Leiden).
Lucas Cranach naceu en 1472 en Kronach, convertíndose en 1505 en pintor dos príncipes de Saxonia. Afín á causa protestante, foi amigo de Martín Lutero e algunhas
Gracias por compartir este trabajo tan impresionante, tengo que mirarlo con mas calma.Me ha sorprendido gratamente. Un saludo.
ResponderEliminarImpresionante trabajo. Muchas felicidades...y, sin duda, muchas horas de dedicación. Me encanta!
ResponderEliminarGracias. Lo tengo más completo en otro sitio a base de enlaces, pero lo voy pasando poco a poco al blog. Un saludo.
ResponderEliminar