Un dos fenómenos máis importantes da Idade Media é a repoboación, que mellor sería dicir repoboacións, pois se produciron en momentos distintos e con características tamén distintas.
No século VIII formáronse ás "póvoas" ou "polas", das cales hai en Galicia varios exemplos, que teñen a súa orixe nos poboadores traídos o norte por Afonso I e o seu irmán. O historiador portugués Gama Barros ten demostrado que Galicia aportou poboadores o norte de Portugal en época de Afonso III, algo que ven a compensar as devastacións de Afonso I no val do Douro, levando as súas xentes o norte. Polo tanto temos que a poboacion entre o norte do actual Portugal e Galicia estivo, segundo unha época ou outra, a merded das necesidades repoboadoras da monarquía, algo que tamén se deu co interior da meseta castelá. Nesta política es encadran as rebelións contra os monarcas ástures (Fruela e Silo) por parte da nobreza galega da época (galegos e nobreza galega son termos que se poñen aquí sen todo o rigor requerido).
Pola súa parte Odoario, bispo procedente do norte de África, repoboou Lugo na época de Afonso I. Anos máis tarde Afonso II organizou a sede espiscopal de Ourense, mentres que pola súa parte, a principios do século X Lugo estaba aínda débilmente poboada, o que explica as ordes de Ordoño II os condes do territorio para que se establecesen alí, sendo durante este rinado (850-866) cando se produxo a repoboación do val medio do Miño: Tui e Ourense, a donde Afonso III levaría máis tarde o bispo Sebastián, expulsado de Arcávica (Ercavica?) e o mosteiro de Samos chegaron, durante o século X, clérigos desde al-Andalus.
Chaves, no norte do Portugal actual, foi repoboada polo conde Odoario, pero as repoboacións das que vimos falando non se fixeron dunha vez; a inestabilidade da época (invasións normandas sobre todo entre os século IX e X) tiñan á poboación costeira e a aquela que se asentara nos vales dos ríos (Miño, Tambre...) en peremanente inestabilidade, polo que fuxindo a poboación a outras zonas, a monarquía e a nobreza tiveron que volver a asegurar os territorios con poboación comprometida nas terras que podía aproveitar. Debe terse en conta que ata principios do século XII o mar Cantábrico estivo dominado por normandos e musulmáns.
Noutro orde de cousas cabe falar dun feudalismo galego o terse desenvolvido moito as relaciones feudovasaláticas, sobre todo debido o predominio do señorío monástico, pero tamén encontramos casos de oposición nobiliaria o proceso repoboador, como é o caso do interior de Galicia por parte de Afonso IX. En realidade estase no proceso de integración de Galicia nas estruturas do reino ástur (ou galego-ástur, como gosta dicir a algúns) e a nobreza non está polo labor de perder autonomía para facer e desfacer o seu antollo.
(Invasións de musulmáns e normandos durante os séculos IX e X)
No hay comentarios:
Publicar un comentario