martes, 1 de noviembre de 2011

O molde de Dena


A arqueóloga Beatriz Comendador Rey deu conta do achado dun molde na parroquia de Dena (Meaño) que permite avanzar no estudo da metalurxia no noroeste. O molde pertence a unha colección particular e o seu material é pedra. A forma é "navicular" segundo a propia investigadora, e as dimensións: 35 cm. de lonxitude, 18 de ancho e 7 de altura.

A singularidade desta peza -seguimos en todo á autora citada- é que está realizada en granito de dúas micas. Non se coñecen moitos moldes realizados neste material, sendo os máis abundantes os de areniscas e calizas. O granito é abundante na zona, e non moi lonxe se encontran recursos minerometaloxenéticos, etre outros, estaño, cobre, ferro e arsénico. Ná época do bronce final a actividade metalúrxica sería intensa na zona, téndose localizado tamén no Grove un molde de fundición de machadas ocas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario