O poder xurisdicional dos bispos de Lugo se remonta á alta Idade Media segundo Villa-Amil y Castro ("Estudio histórico acerca del señorío temporal de los Obispos de Lugo en sus relaciones con el municipio"). Posteriormente os bispos foron recibindo confirmacións e privilexios por parte dos reis.
A principios da Idade Moderna Lugo continuaba sometida o poder dos bispos, que estes compartían co cabido desde a primeira metade do século XII. A historia deste señorío -como a doutros- estivo xalonada de conflitos entre o cabido e os bispos, entre os bispos e outras autoridades, entre os bispos e a poboación... A "vocación" pleiteadora dos cregos, neste coma noutros casos, é evidente. Parece coma se máis que unha función espiritual, os bispos estivesen boa parte do seu tempo dedicados ás cuestións temporais, materiais, relacionadas coas riquezas e co poder sobre os veciños (véxase D. Gallego Domínguez, "La organización administrativa territorial de la antigua provincia de Orense a mediados del siglo XVIII", 1988).
En 1594 púxose fin a un pleito sendo bispo Don Lorenzo Asensio de Otadui (Arquivo da catedral de Lugo, Índice de Portabales) no que estaban enfrontados o cabido e o bispado; desta maneira o cabido cedeu o prelado a xurisdición da cidade e os seus termos, así como o dereito de poñer alcaldes. "Como recompensa -sinala María López Díaz- su Señoría estaba obligado a pagar ochenta fanegas de pan cada año...". En 1600 deuse confirmación a este acordo (véxase a lentitude dos procedementos) e só un ano despois o bispo xa estaba impugnándoo ante a Curia Romana.
O señorío sobre Lugo implicaba os dereitos señoriais como recoñecemento de que o bispo era o dono temporal; a saber, segundo documentación do ano 1718, "algunos de los géneros" que se vendían os días de mercado e de cada unha das cabaleirías que entran nel de fora da xurisdición e de todas as que concurrían a Lugo no transcurso do ano, cobraba maravedís; nalgunhas parroquias donde os veciños dedicábanse á arrieiría e o tráfico, eran obrigados a traerlle viño cada ano sen gratificación polo transporte (A. López Peláez).
Pertencían así mesmo o bispo as condenacións, a elección e nombramento de diversos oficios: alcaldes ordinarios dunda lista que lle presentaba o Reximento, xuíces e ministros para as súas audiencias (merino e alcalde maior da cidade e dos seus cotos) provisor, fiscal eclesiástico, etc.; a provisión de concesión de títulos e tamén podía o bispo facer ordenanzas para a cidade, reformar prezos, esixía contas o Reximento da cidade e outros privilexios.
(O presente artigo é un resumo do publicado por María López Díaz, "El Señorío temporal de los obispos de Lugo en la Edad Moderna...").
No hay comentarios:
Publicar un comentario