lunes, 2 de enero de 2012

A ponte da Barca


A ponte da Barca poñería en comunicación o concello de Poio con Pontevedra, pero con cuxa construción tamén se beneficiarían os habitantes de Sanxenxo, O Grove, Meaño e outros. Xa en 1841 a Deputación Provincial toma a iniciativa para isto, asunto que volve a tratar o concello dous anos máis tarde, sumándose á idea os de Poio e Combarro. Pero a corporación pontevedresa pronúnciase a favor de que a ponte sexa de barcas e non de fábrica, polo que solicita o Goberno a súa posta en práctica, o mesmo tempo que pide o establecemento dun portádego. 

En 1844 discútese, sen embargo, se a ponte debe ser de canteiría, cunha ponte levadiza para que puidesen pasar os barcos, e aínda en 1899 o concello ten que solicitar o Goberno a axilización do remate das obras da ponte "sobre el Lérez hacia El Grove". Uns annos antes, en 1890, fixera o mesmo con respecto á estrada o Grove, e con respecto a ponte do Burgo pedírase o seu ensanche en 1844, acordo que se adopta por real orde dous anos máis tarde. (A ponte da Barca que vemos arriba foi modificada nos seus soportes extremos fai uns anos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario