sábado, 14 de enero de 2012

Señoríos, desamortizacións e ferrocarril en España (para alumnos)


TEXTO 1: Art. 1. Desde agora quedan incorporados á Nación todos os señoríos xurisdicionais de calquera clase e condición que sexan.
Art. 4. Quedan abolidos os dictados de vasalo e vasalaxe, e as prestacións así reais como persoais, que deban a súa orixe a título xurisdicional.
Art. 5. Os señoríos territoriais e solariegos quedan desde agora na clase dos demais dereitos de propiedade particular. (Cádiz, 6 de agosto de 1811).

TEXTO 2: Unha das primeiras medidas que tomou o goberno de Fernando VII, tras a volta de éste do seu cativerio, foi restaurar todos os señoríos, tanto xurisdicionais como territoriais, unha das esixencias de aqueles grupos sociais que lle apolliaran para restaurar o absolutismo. ("Regímenes políticos en España", Antonio Espino, 1998).

TEXTO 3: Señora: vender a masa de bens que agora son propiedade do Estado, non é tan só cumplir unha promesa solemne e dar garantía positiva á débeda nacional por medio de unha amortización exactamente igual o produto das vendas; é abrir unha fonte abundantísima de felicidade pública, vivificar unha riqueza morta... desobstruir as canles da industria e da circulación... crear novos e fortes vínculos que liguen a ela; é, en fin, identificar co trono excelso de Isabel II, símbolo de poder e liberdade... (Juan Álvarez Mendizábal).

TEXTO 4: Art. 6. Os particulares ou compañías non poderán construir liña algunha... se non obtiveran previamente concesión dela.
Art. 8. Poderá auxiliarse cos fondos públicos a construción das liñas de servizo xeral: 1º, executando con eles determinadas obras; 2º, entregando ás empresas en períodos determinados unha parte do capital investido...; 3º, asegurándolles polos mesmos capitais un mínimo interés ou un interés fixo...
Art. 19. Os capitais estranxeiros que se emplean nas construcións de ferrocarriles ou empréstitos para este obxecto, quedan baixo a salvagarda do Estado, e están exentos de represalias, confiscacións ou embargos por causa de guerra. (Pascual Madoz, 1855).


O señorío de Belalcázar no século XIX

Identificamos primeiro os temas que están contidos nos documentos anteriores: o texto 1 é un fragmento do Decreto polo que as Cortes de Cádiz abolen os señoríos, tanto xurisdicionais como territoriais, dentro do conxunto de medidas lexislativas que tentaban destruir os fundamentos do antigo réxime. No texto 2, única fonte historiográfica entre os documentos anteriores, o autor explica as causas que levaron o rei Fernando VII a restaurar os señoríos o tempo que a monarquía absoluta, polo tanto en torno a 1814-1815. O texto 3 é un fragmento da carta que Mendizábal envía á raíña Isabel II donde lle explica os beneficios que traerá a recente lei de desamortización eclesiástica, polo que estamos en plena guerra carlista, sobre o ano 1836. O texto catro contén varios artigos da lei xeral de ferrocarriles, impulsada por Pascual Madoz durante o bienio progresista, en 1855.

Seguidamente relacionamos os catro documentos: está presente a loita entre antigo réxime e liberalismo, entre absolutismo e goberno da burguesía, en temas como a propiedade dos señoríos e as ventaxes legais que conlevaban para os seus titulares, así como o desenvolvemento económico que se pretende por parte dos gobernos progresistas, exemplificados nos casos de Mendizábal e Madoz, tanto para favorecer á agricultura (vella aspiración dos ilustrados fisiócratas) como o comercio e a industria cunha rede ferroviaria para o país.

Pasamos a continuación a comentar algúns aspectos de cada texto, pero relacionándoos entre sí: abolir os señoríos foi unha medida realmente revolucionaria, pois representou privar de un poder á nobreza, que agora pasaría o Estado, así como que éste puidese, no seu momento, poñer en venda a "masa de bens" da que se facía dono. Isto ten moito que ver coa nova mentalidade que a burguesía liberal hereda da Ilustración: os bens non deben estar en mans de quen non lles sacan todo o proveito posible, senón que deben pasar a aqueles que teñan unha mentalidade capitalista e empresarial, a burguesía, que o longo do século XIX é a clase social en alza. 

Sabemos que impoñer un sistema ou outro levou consigo golpes de Estado e, polo menos, unha guerra, a de 1833, sendo derrotado nesta o exército absolutista. Mendizábal e os liberais tiñan o camiño expedito para levar a cabo as súas reformas. Sabemos tamén que o proceso desamortizador -aquí se fala só do de Mendizábal, continuado en época de Espartero- beneficiou só á burguesía, ós campesiños acomodados que adquiriron bens postos en venta e a certa nobreza, pero prexudicou o campesiñando sen terra, a maioría, pois os novos contratos cos propietarios eran para aqueles moi desventaxosos, o estar baseados no máximo beneficio para o propietario.

Sabemos tamén que a lei xeral de ferrocarriles deu un gran pulo o desenvolmento económico de España: espallou o comercio, a industria siderúrxica e a mineiría do carbón, pero hai autores que consideran que dita lei chegou tarde (noutros países europeos o ferrocarril xa existía dede 1830), favoreceu en exceso ás empresas concesionarias e fomentou a especulación sobre as necesidades sociais. Os artigos do documento 4 fan referencia á necesidade de permiso por parte do Estado para construir os tramos ferroviarios, á garantía por parte do Estado de un interés fixo ou determinado para o concesionario, o que animou ós investidores, e a garantía de non ser confiscados os capitais investidos na rede ferroviaria, o que tamén foi un estímulo para os investidores, que na súa maioría foron empresas belgas, francesas e inglesas, unha proba máis da debilidade da burguesía española durante o século XIX.

Por último cabe falar de que os señoríos xuridicionais son aqueles territorios nos que o señor administraba xustiza, cobraba tributos e exercía outros privilexios; á súa anulación polas Cortes de Cádiz en 1811 respresentou un triunfo das ideas liberais. Por contra, a reinstauración dos señoríos no sexenio absolutista foi un éxito do antigo réxime e da nobreza. Mendizábal, un representante do liberalismo progresista na década dos anos trinta (o liberalismo dividiuse entre moderados e progresistas) fai comprender á raíña os beneficios que para o Estado terá a desamortización en curso: amortizar a débeda do Estado (tamén a débeda pública) nunha época de atraso económico para España debido ás moitas guerras nas que participou. Coa frase "vivificar unha riqueza morta" ven a mostrar a súa idea de que os bens (sobre todo terras) en mans da Igrexa, non producían o Estado os beneficios que estando en mans privadas, co que mostraba tamén a súa mentalidade burguesa, xa que esta é a clase social que se fixo coa maior parte da riqueza desamortizada. A última frase de Mendizábal trata de "adular" á raíña coa idea de liberdade, algo que Isabel II non estaría en poder de valorar, heredeira como era dunha monarquía absoluta.

Mineiros do carbón
Pascual Madoz, impulsor da lei xeral de ferrocarriles, así como da gran desamortización xeral de 1855 (ó que non se fai referencia nestes testos) é outro exemplo de liberal progresista que trata de dar pulo a estas ideas despois dunha década na que os liberais moderados frearon, en certo modo, a desamortización (Concordato coa Igrexa en 1851) a pesar do importante labor lexislativo levado a cabo durante dita década.

Agás o texto 2, os demais son fontes históricas, pois se trata de documentos orixinais non producidos por un historiador a posteriori e coa intención de historiar. O período histórico que abranguen estes textos vai desde principios ata mediados do século XIX.

No hay comentarios:

Publicar un comentario