Gondomar |
No extremo sudocidental de Galicia, moi preto do baixo val do Miño, se encontra o val Miñor, comprendendo varios concellos entre os que está Gondomar. A romanización de Galicia é un feito, pero a explotación mineira nunha zona tan alonxada das comarcas orientais é algo máis raro. Agora, o arqueólogo Gustavo Pascual Hermida e o xeólogo Óscar Pazos, descubriron indicios da existencia dun asentamento vencellado a varias minas a ceo aberto a un quilómetro da vila de Gondomar. Se trata do xacemento de Monte Picoto, dende As Rochelas ata O Abear. Ambolos dous investigaban dúas explotacións catalogadas con anterioridade nas Fundas de Sarmiento.
Segundo os citados investigadores, o complexo mineiro non está limitado só as dúas minas das Fundas de Sarmiento, senón que as foxas abertas no terreo para extraer ouro se espallan por toda a área de Monte Picoto. Os antigos traballadores destes xacementos auríferos poderían ter residido moi perto, a uns 300 metros. Os expertos acharon un castro na zona do Abear, rodeado dun camiño chamado das Castras, que apunta á existencia do asentamento. Os investigadores teñen achado pezas cerámicas que, o parecer, corresponden á vida doméstica.
No lugar hai moitas árbores e maleza que dificultan a identificación dos vestixios romanos, moi probablemente do século I da nosa era. Nun pequeño outeiro de forma oval que chamou a atención dos expertos, podería estar o poboado. Nas Funchas de Sarmiento, pola súa parte, están rodeadas de moitas zanxas que poderían ser indicios da actividade mineira. Segundo os investigadores citados, durante a Idade Moderna, persoas retornadas de América poderían ter seguido coas pescudas en busca de ouro, quizáis baixo a tutela de Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar (apuntan como hipótese).
No hay comentarios:
Publicar un comentario