Igrexa de San Pedro Félix (fotografía tomada de http://www.arquivoltas.com/11-Galicia/01-Incio01.htm) |
A maior parte das manifestacións románicas na provincia de Lugo encóntranse no sur e no oeste, pero tamén no centro, na mesma catedral de Lugo; no norte está San Martín de Mondoñedo, unha das xoias, o meu parecer, do románico en calquera lugar.
Pódese empezar por Hospital de Incio, o sur da provincia, para seguir por Ferreiro da Pantón; logo dirixir os nosos pasos ata o mosteiro de Eiré, San Paio de Diomondi e o mosteiro de Ribas de Miño. Seguimos ata Taboada dos Freires e Vilar de Donas, preto do camiño de Santiago máis tradicional; Portomarín, Barbadelo (en Sárria), a igrexa de San Salvador, na vila de Sárria, a citada catedral de Lugo e San Martín de Mondoñedo, no extremo norte da provincia.
En torno a Incio necrópolis megalíticas, restos da cultura castreña, a obra dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, igrexas rurais, o pazo de Dompiñor, a casa da Hedra, o pazo de Romariz, salpican a paixase, suave entre arborescencias, prados e ríos, antes de alcanzar o este de Galicia, coas montuosidades do Cebreiro.
A igrexa de San Pedro Félix, en Hospital de Incio, está feita de mármore, aproveitando as canteiras próximas. Obra de finais do século XII, non parece estar relacionada con función hospitalaria algunha. No interior do templo hai unha soa nave que, na cabeceira, remata nunha ábsida poligonal, con arco triunfal e nervaduras.
A igrexa estivo baixo o control dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, e ten unhas medidas de 11 por 24 metros, o que dá idea da súa sinxeleza. No lado norte hai unha torre exenta, como é común no románico italiano e catalán. A súa altura é bastante proporcionada respecto do templo, pero as súas campás debían ser escoitadas nos vales próximos. O lado sur da igrexa, adosado a ela, hai un atrio que vemos con frecuencia no románico segoviano.
Grandes confrafortes na fachada, flanqueando a porta principal, e outros no muro lateral norte, denotan a pesadez do románico, antes das audacias do gótico. Varias archivoltas provocan, xunto co grosor do muro, un forte abocinamento. Xunto á archivolta máis exterior, unha decoración que nos recorda á igrexa de Vilar de Donas. As basas e os capiteis presentan diversos motivos, sobre todo animais (enfrontados) e vexetais.
Volvendo o interior, un arcosolio co sartego do monxe-xoldado Álvaro de Quiroga, comendador do priorato de Portomarín, da orden de San Xoán de Xerusalén. Mirando á cabeceira, no muro da dereita antes de pasar o arco triunfal, un relevo representa a imaxe de Cristo na cruz, en cuxa parte superior hai dúas facianas que representan o sol e a luna, e na parte inferior dous personaxes, un deles traballando a terra e outro orando. A técnica románica do conxunto, cunha acusada perspectiva xerárquica na representación do crucificado, mostra a intencionalidade didáctica da plástica nesta época.
En torno a Incio necrópolis megalíticas, restos da cultura castreña, a obra dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, igrexas rurais, o pazo de Dompiñor, a casa da Hedra, o pazo de Romariz, salpican a paixase, suave entre arborescencias, prados e ríos, antes de alcanzar o este de Galicia, coas montuosidades do Cebreiro.
A igrexa de San Pedro Félix, en Hospital de Incio, está feita de mármore, aproveitando as canteiras próximas. Obra de finais do século XII, non parece estar relacionada con función hospitalaria algunha. No interior do templo hai unha soa nave que, na cabeceira, remata nunha ábsida poligonal, con arco triunfal e nervaduras.
A igrexa estivo baixo o control dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, e ten unhas medidas de 11 por 24 metros, o que dá idea da súa sinxeleza. No lado norte hai unha torre exenta, como é común no románico italiano e catalán. A súa altura é bastante proporcionada respecto do templo, pero as súas campás debían ser escoitadas nos vales próximos. O lado sur da igrexa, adosado a ela, hai un atrio que vemos con frecuencia no románico segoviano.
Interior da cabeceira |
Volvendo o interior, un arcosolio co sartego do monxe-xoldado Álvaro de Quiroga, comendador do priorato de Portomarín, da orden de San Xoán de Xerusalén. Mirando á cabeceira, no muro da dereita antes de pasar o arco triunfal, un relevo representa a imaxe de Cristo na cruz, en cuxa parte superior hai dúas facianas que representan o sol e a luna, e na parte inferior dous personaxes, un deles traballando a terra e outro orando. A técnica románica do conxunto, cunha acusada perspectiva xerárquica na representación do crucificado, mostra a intencionalidade didáctica da plástica nesta época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario