sábado, 30 de marzo de 2013

Viaxe polo románico de Lugo (5)

Tímpano en Taboada dos Freires

A igrexa é dunha sinxeleza parella a doutras da Galicia rural e, igualmente, sufriu modificacións, incluso recentes, que desfiguran a fábrica orixinal. Na cabeceira, que non é a actual, hai unha fiestra (esta si orixinal) entre dúas columnas toscas que soportan unha moldura a modo de imposta, e esta un arco formado por dúas archivoltas desproporcionadas para o van. Son estes pequenos detalles o que máis destacan desta igrexa, sobre a que hai unha cruz parcialmente inscrita nun círculo, mostra dese simbolismo e abstración tan propios do románico en aras dun didactismo sempre buscado. 

No interior encontramos unha nave cunha cuberta cos seus aleiros e canzorros. No muro que está orientado o sur hai unha porta alintelada sobre a que, tamén inscrita nun círculo inciso, hai unha cruz sinxela, nun de cuxos brazos pende unha figura de óvalo que algúns interpretan como unha gota de sangue.

Exterior
Volvendo a porta principal encontramos unha inscripción: IN N E D N S I IH U CHR I IN SANTE MARIE EL A C FLERES U TE PLU, que debe lerse "in nomine Domini nostri Ihesu Christi in honor sante Marie...". Outra inscripción reza: JOHAN NE PELAGIUS MAGISTER Q I NOTUIT ("Juan Pelagio, mestre, que escribiu").

No tímpano está representado Sansón en loita cun león, aínda que representado este moi desproporcionado, con algunhas partes que recordan máis ben a un cabalo. A representación está feita en relevo rebaixando o fondo, pero todo cunha gran tosquedade e plasticidade e na parte inferior dereita deste tímpano se ve outra cruz inscrita nun círculo coa suposta gota que pende do brazo esquerdo.

Non é fácil encontrar unha igrexa con estas particularidades, o que proba que as esculturas son obra de artífices non influídos polo entorno compostelano, o que si se ve noutros casos do románico lugués. Estes artífices serían menos coñecidos ca outros dentro da constelación dos que traballaron neses séculos, verdadeiramente entregados ás construcións relixiosas.

Algo máis o norte, moi preto de Palas de Rei, encóntrase Vilar de Donas, un mosteiro feminino do que hoxe só se conservan algunhas partes da súa fábrica orixinal, pero tamén con particularidades dignas de mención, sobre todo uns frescos que xa chamaron a atención, entre outros, de Álvaro Cunqueiro.

Portada e cuberta actual (desacertada)





Ábsida e absidiolos


(Incompleto)


No hay comentarios:

Publicar un comentario