viernes, 29 de marzo de 2013

Viaxe polo románico de Lugo (4)



Paisaxe co río Miño
Diomondi é unha aldea do concello de Saviñao, practicamente deshabitada. Xunto coas aldeas de Belesar, A Casanova, As Cortes, A Costa, Galegos, Millarada, Montecelo, Outeiro, Piñeiro, A Portela, Salcedo e Ver forman a parroquia do mesmo nome, o cal fala ás claras da diseminación poboacional de Galicia, particularmente na zona central da mesma. 

Pode que o primeiro mosteiro de Diomondi (topónimo cuxa orixe sería interesante descifrar) sexa do século X, aínda que no interior do tímpano da porta hai unha inscripción cos números 1170, data de edificiación da igrexa (os templos comezaban a ser construidos pola cabeceira e remataban pola porta occidental). Consta dunha soa nave e unha ábsida, que no exterior está dividida por semicolumnas e aberta por tres fiestras. 

Archivoltas, capiteis e columnas da porta principal
Como noutras obras do medievo, o paso dos séculos permitiu engadir partes que non corresponden o románico, e unha delas é o palacio dos bispos que aínda se pode ver adosado o muro norte, pois os prelados de Lugo pasaban aquí os veráns. A porta principal consta de catro archivoltas decoradas con rosetas e xedrezado. Algunhas das columnas son de mármore, o que tamén se ve noutras igrexas non lonxanas no concello de Incio pola existencia de canteiras deste material. Os capiteis presentan parellas de animais: felinos, centauros...

Contrafortes reforzan os muros o exterior, e unha moldura percorre pola parte inferior das fiestras, todas elas con arcadas de medio punto. Todo o exterior é dunha gran sinxeleza, que non pode competir coa vistosidade doutros edificios relixiosos románicos en Galicia.

Exterior de San Paio de Diomondi



Interior de Diomondi
Un pouco máis o norte, moi preto de Diomondi, está o mosteiro de San Estevo de Ribas de Miño, cuxa ábsida vemos abaixo. Está sostida por contrafortes a modo de arcobotantes que reciben as presións da abóvada absidial, apoiados aqueles nun muro exterior, e os canzorros soportan arquiños de medio punto, algo que vemos tamén no románico catalán e lombardo. A maior altura, o corpo da nave.


O relevo é abrupto pero non en exceso. Tanto hacia o Miño como hacia o Sil, as pendentes caen de forma pronunciada, mentres que o edificio parece pendurar dunha delas. O redor hai viñedos en socalcos, solución inxeniosísima para aproveitar a terra e cultivala. O calor nestes vales é propicio para a viticultura, que na maior parte de Galicia se estendeu durante o século XIII, pero tamén antes.

A zona é a que en Galicia se chama "Ribeira Sacra", pola cantidade de mosteiros e igrexas nela concentradas, seguramente polas posibilidades agrarias dos vales dos ríos Sil e Miño. En canto á igrexa é sinxela en dimensións, compacta coas sús tres arcadas na fachada occidental, só unha delas de acceso o interior cun abocinamento apreciable. Sobre delas un rosetón de factura posterior, pois polas súas dimensións e características é gótico. Os perpiaños, como adouta ser en Galicia, están ben labrados. No interior encontramos o presbiterio, notable polo espazo que ocupa, e a ábsida (ver máis arriba) de altura sensiblemente inferior o corpo da nave. 

Igrexa de San Estevo, nunha pendente hacia o Miño
En canto o seu aspecto externo ten certo parecido coa igrexa sanxoanista de Portomarín, sen cruceiro, e nos muros laterais os contrafortes únense entre sí para formar arcadas de medio punto, en cuxo interior se abren as fiestras tamén arqueadas en medio punto. As archivoltas da porta principal están fermosamente decoradas con motivos diversos: a inferior con relevos que representan a sete músicos (parece haber dóus espazos que corresponderían a dous máis, perdidos). No resto das archivoltas, puntas de diamante, sogueados, froitos; a diversidade é extraordinaria, contrariamente o que se pode esperar nun lugar tan afastado. As mesmas xambas da porta están decoradas de forma parecida ás da abadía de Moissac, proba de que os mestres canteiros deambulaban dun lugar a outro o longo dun amplio espazo cristianizado. Mateo, o gran mestre de Compostela, traballou tamén noutras partes do norte da península e do sur de Francia; así mesmo algúns dos seus discípulos e outros canteiros e escultores. Por iso se ten o románico como a primeira arte "internacional": por medio dela fundíronse tradicións e solucións artísticas de lugares moi afastados entre sí.

O interior da igrexa é dunha soa nave, amplia e cunha cabeceria de tres absidiolos incrustados na ábsida única. A abóvada da ábsida está nervada e os arcos faixóns da nave son apuntados, como no casi de Diomondi. Se algunha vez tivereon abóvadas estas dúas igrexas xa se perderon, pois agora senllas naves teñen cubertas de madeira. No caso de San Estevo hai varios sartegos e unha "Epifanía" donde se misturan figuras de distinta factura e época: os reis "magos", unha virxe en bulto redondo e policromada.Os reis poden ser dun mesmo autor (en cuxo caso hai que supoñer que o abandono afectou máis a unhas figuras que a outras) ou de distinto, en cuxo caso o que esculpiu o mago enxeollado non gardou -como é costume no románico- proporción algunha, e os cabelos deste rei están traballados con máis detalle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario