Claustro do mosteiro de Ferreira de Pantón |
As arcadas deste claustro son clasicistas, proba de que o mosteiro tivo modificacións importanes o longo da súa historia: a orden do Renacemento contrasta co bulto que aínda ofrecen os capiteis e o groso dos fuestes, máis propios doutras épocas. Pero no demais domina casi por completo o románico
No sur da provincia de Lugo, o mosteiro de San María se encontra á saída de Ferreira, camiño de Monforme de Lemos. A primeira mención que se ten del é do século X, pero no XII é cando pasa a depender das autoridades de Cluny e posteriormente do císter (mosteiro feminino).
No sur da provincia de Lugo, o mosteiro de San María se encontra á saída de Ferreira, camiño de Monforme de Lemos. A primeira mención que se ten del é do século X, pero no XII é cando pasa a depender das autoridades de Cluny e posteriormente do císter (mosteiro feminino).
A igrexa constra dunha soa nave e o presbiterio está rodeado do muro interior da ábsida, consecuencia en parte da súa pequenez. Os arcos de medio punto da ábsida acobixan vans que están redondeados, tanto na súa parte inferior como superior, particularidade que se ve raramente. Os capiteis das fiestras están decorados con paxaros, pero son dunha gran variedade: motivos vexetais, Daniel entre os leóns, figuras humanas, un animal mordendo a perna doutro, aves colocadas simétricamente, un dragón, un músico, rodiños, monstruos, bois e grifos, leóns...
Tamén aquí chegou o taqueado jaqués, sobre todo na parte exterior dalagunhas arcadas, e os capitis, en moitos casos, están coroados por cimacios. No interior, nos muros da ábsida, dous arcosolios góticos denota unha vez máis as contínuas actuacións sobre a fábrica orixinal. A abóvada da ábsida está sostida por nervios e, en xeral, pode dicirse que a decoración descrita -como sinalan algúns autores- debeu ser anterior a 1175, antes de que a sobriedade do císter sustituise do dominio de Cluny.
Exterior del monasterio |
Sen dúbida algunha, o máis destacado deste mosteiro é a súa plástica, dunha variedade extraordinaria, donde seguramente inteerviñeron varios canteiros e escultores. A mistura de motivos vexetais con outros mitolóxicos e fantásticos, bíblicos e, en xeral, a zoomorfia dominante, indican influencias varias, e probablemente a chegada doutras de artistas máis ou menos expoertos doutras partes, segundo se ve polas diversas calidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario